Vigo di non ao TTIP: As persoas e o planeta antes que o capital!
Vigo mobilízase contra o TTIP que supón o fin da soberanía dos pobos para entregarlla ás multinacionáis do gran capital euroamericano. Arredor dun milleiro de persoas participaron nunha gran #manifestación polo centro da cidade olívica, que contou co apoio das forzas políticas da oposición, BNG, Podemos, Marea de Vigo, EU-IU, Anova, #Piratas de Galicia, Equo, Nós-Up, entre outros; tamén dos sindicatos CIG, CCOO, CGT, CNT etc.; e dos movementos sociáis, anarquistas e ecoloxistas, como #ECOAR Greenpeace ou a Asemblea de Movementos Sociáis. O 18 de abril foi a data na que se celebraron ate 670 actos en todo o planeta contra os tratados internacionáis que están a conformar ese goberno mundial das élites económicas, entre os o T.T.I.P. nos afecta directamente.
O T.T.I.P. (siglas de “Transatlantic Trade and Investment Partnership” -Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión-) é un tratado internacional entre os países da Unión Europea e Estados Unidos que, baixo o pretexto de facilitar o comercio a ambos lados do Atlántico, supón a fin das xurisdiccións nacionáis para someter os xuízos entre empresas ou empresas e estados a institucións privadas creadas polas propias empresas. Con iso pérdese a soberanía dos pobos e non se garantiza, fronte ó que venden os promotores do tratado, nin máis emprego nin máis inversión, senón salarios máis baixos e un empeoramento das condicións laboráis a ambos lados do Atlántico. O segredo co que se levan as negociacións é un claro indicador de que non é bo, senón que implica, finalmente, unha sorte de goberno mundial da gran banca e as multinacionáis por enriba dos estados convencionáis.
Fonte: Ernesto Ilkermn