“Os Perigos do TTIP”, por Susan George, Vigo, 26 de Marzo 2015
Palestra de Susan George no Auditorio do Centro Municipal de Teis en Vigo, impartida no marco das Xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, organizadas por ECOAR))) entre o 26 de Marzo e o 16 de Abril do 2015.
Na palestra Susan George analiza as causas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio e Inversións en xeral, e do TTIP en particular, sobre as persoas e a biodiversidade.
Tamén podes escoitar o audio desta palestra en ivoox.