MOBILIZACIÓN (VIGO): 18 ABRIL, DÍA DE ACCIÓN GLOBAL “AS PERSOAS ANTES QUE O CAPITAL!”
ECOAR))) xunto a milleiros de organizacións en todo o mundo chama a participar e organizar accións de xeito descentralizado en contra dos Tratados de Libre Mercado e Inversións!!
VIGO (20:00 NA FAROLA DE URZÁIZ), acollerá a manifestación central galega e será unha das máis de 550 localidades de 4 continentes que dirá…NON aos Tratados de Libre Comercio e Inversións!!! NON AO TTIP!!!
Convoca: Campaña Non Ao TTIP*
Localidade: Vigo
Lugar: Farola de Urzáiz
Hora: 20:00
Data: 18/04/2015
Máis información:
https://www.globaltradeday.org/
http://ecoarglobal.org/ttip/
*A campaña Non Ao TTIP que está conformada por: ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia.
Chamamento do Día de Acción Global para deter os Tratados de Libre Comercio e Investimentos
“As Persoas e o Planeta antes que o Capital!”
Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, homes e mulleres activistas de movementos de todas partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para as persoas, e o medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.
Entre todas podemos parar os acordos que se están negociado e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.
DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”
MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR
PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE
ECOAR)))
********************************************************************************
Para montar esta peza usamos imaxes dos seguintes vídeos:
– “TTIP Überblick” (https://www.youtube.com/watch?v=dmSaVu3OmA4)
– “TTIP- the public pressure is working” (https://www.youtube.com/watch?v=S7G3s2B-Hw8)
– “STOPPT das TTIP-ABKOMMEN!” (https://www.youtube.com/watch?v=kKnoBiBBLI8)
– “Stop TTIP, red de democratie” (https://www.youtube.com/watch?v=aQpJBkF-65Q)
– “TTIP’s ‘race to the bottom’ “ (https://www.youtube.com/watch?v=QtEkuozQCmI)
– “Wir haben es satt Demo in Berlin am 17.1.2015” (https://www.youtube.com/watch?v=8ED9zWC-h8w)
Grazas!!