TVG – “Protestas en varias cidades españolas contra o Tratado de Libre Comercio, entre elas Vigo”
Miles de persoas participaron hoxe en diversas manifestacións convocadas en varias cidades españolas contra o Tratado de Libre Comercio.Os manifestantes rexeitan o acordo transatlántico de comercio que negocian a Unión Europea e os Estados Unidos. Consideran que este acordo responde tan só aos intereses das grandes multinacionais e que recortará os dereitos laborais en Europa. En Galicia, houbo protestas en Vigo. Tamén as houbo en Madrid, Xixón, Zaragoza, Sevilla, Bilbao, Valencia e en Barcelona, onde unhas 4.000 persoas saíron á rúa.
Fonte: CRTVG